INTERPRETACIONS

Lugar CENIMA de Foz. Sala de Arte
data: maio 2014
A paisaxe do corpo alimenta a alma ou a alma debuxa a paisaxe do corpo? Manxela amósanos o seu interior mentres contempla fóra de si, facendo caer os límites da razón que se obstina nun único punto de vista inmóbil. Así nacen a sinestesia, a intuición e a emoción que debuxan tamén o que nos gustaría ver.
A pintura de Manxela invita a non pensar, a atoparse no cruzamento entre a paisaxe do corpo e a imaxinación, deixando a quen mira a responsabilidade de soñar ou non ante ela. O resultado é unha poesía cromática que se desfai en tintas o papel espido mentres veste a imaginación . Patricia Figueroa.

«UN CUARTO DE HORA DE DESNUDO».